Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
INICIATIVA PARLAMENTARIA

Balseiro defiende que decomisos y excedentes de pesca se repartan en comedores sociales

El PP de Galicia impulsará la distribución, en los comedores sociales y cocinas económicos, del pescado fruto de los decomisos y de la lucha contra el furtivismo, asó como los descartes pesqueros (el excedente de los límites de la normativa europea), ya que son productos válidos para el consumo y se les puede dar un buen uso, según explica el portavoz del Mar en el Parlamento Gallego, José Manuel Balseiro, que ha presentado esta proposición no de ley en la cámara gallega.

comentar  |   imprimir
- 22-02-12

O voceiro do Mar do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que solicita á Xunta que amplíe e mellore a distribución entre os comedores sociais e as cociñas económicas da nosa comunidade do peixe e marisco que foi obxecto de comiso en operacións de loita contra o furtivismo, así se amplíe esta medida ao que forma parte dos descartes pesqueiros.

  

O deputado popular reclama á Consellería do Medio Rural e do Mar que articule un novo sistema ou protocolo de distribución destes produtos pesqueiros que son totalmente aptos para o consumo e que, polo tanto, poden ser aproveitados. Balseiro pide á Xunta que reelabore unha relación de institucións, asociacións e ONG´s que dispoñan de comedores sociais en Galicia e que teñan amosado o seu interese en recibir estes alimentos.

  

Deste xeito, segundo explica o deputado popular, a administración galega incrementará o apoio e colaboración con estas institucións solidarias e benéficas nun momento especialmente acaido xa que están a prestar asistencia a un crecente volume de persoas e familias, de xeito especial, a aquelas máis afectadas pola crise económica.

  COMISOS AOS FURTIVOS  

Jose Manuel Balseiro aclara que ata o momento a Consellería do Medio Rural e do Mar xa vén distribuíndo de xeito habitual entre diversas entidades benéficias os peixes e mariscos aprehendidos aos furtivos nos operativos que realiza o Servizo de Gardacostas de Galicia e os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.  Con todo, o aumento do número de operativos nas nosa rías e a maior eficacia da loita contra o furtivismo deu lugar a que o volume de peixe e marisco confiscado sexa cada vez maior e poida ser distribuído a moitas máis entidades benéficas galegas segundo un protocolo que previamente se estableza.

  

DESCARTES PESQUEIROS

  

Por outra banda Balseiro reclama que a Xunta poña en marcha, en colaboración coas institucións da Unión Europea, un sistema de distribución dos descartes que proceden das capturas pesqueiras, de tal xeito que estes tamén poidan ser aproveitados polas entidades benéficas, comedores sociais e cociñas económicas da nosa comunidade.

  

A normativa vixente sobre cotas pesqueiras limita ás capturas que se poden realizar para determinadas especies e flotas o que non impide que este peixe sexa capturado nos aparellos. O procedemento habitual obriga a devolvelos ao mar. Estes descartes moitas veces implican unha perda de alimentos que ben puideran ser aproveitados. O voceiro do Mar dos populares galegos considera que o peixe capturado podería destinarse a completar os menús que elaboren estas entidades benéficas.

  


Línea Editorial COPE
PUBLICIDAD
Los Pasillos del Poder
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal